jueves, 28 de febrero de 2013

martes, 26 de febrero de 2013

UN NOVO PROXECTO: A IDADE ANTIGA

ESTAMOS A PIQUES DE INICIAR UN PROXECTO NOVO...
A APARICIÓN DA ESCRITURA SINALA O CAMBIO DA PREHISTORIA Á HISTORIA.
XA VOS IREMOS CONTANDO O QUE INVESTIGUEMOS.

viernes, 22 de febrero de 2013

AS PRIMEIRAS VISITAS Á NOSA EXPOSICIÓN

Hoxe tivemos as primeiras visitas á nosa exposición.
Elaboramos unha invitación, entregámola nas clases e preparámonos para servir de guías.
Hoxe, por fin chegaron... e nós fixemos a visita guiada.

jueves, 21 de febrero de 2013

VISITA AO MUSEO

A visita ao Museo é unha das actividades coas que imos pechar o noso proxecto sobre a Prehistoria:

Mais inda nos queda outra saída máis...

lunes, 18 de febrero de 2013

EXPOSICIÓN PREHISTORIA

Con todo o que aprendemos sobre a Prehistoria...

Despois de fabricar útiles e ferramentas como as desa época...

Estivemos preparando unha exposición .........

E quedounos xenial

MANUAL DE INSTRUCIÓNS

Unha vez imaxinadas cales poden ser as funcións da máquina puxémonos a escribir as instrucións de uso, como supuxemos que era multiusos temos que facer un libriño que as recolla todas.

.

viernes, 15 de febrero de 2013

ORDENADORES ABALAR

Fai uns días que traballamos cos ordenadores...
O día que empezamos a traballar cos ordenadores foi incrible. O profe Jose ensinounos como utilizalos, como crear carpetas e como gardar cousas no pen.
Foi unha experiencia xenial que nos gustaría volver repetir.

miércoles, 13 de febrero de 2013

UNHA MÁQUINA SUPERRARA

AO CHEGAR HOXE AO COLEXIO ATOPÁMONOS CUNHA MÁQUINA DE... DE... NON SABEMOSDEN DE QUE!
TEMOS A SEGURIDADE DE QUE IMOS TER QUE FACER ALGO CON ELA....
QUE TAL SE FACEMOS AS INSTRUCIÓNS DE USO DELA?

lunes, 11 de febrero de 2013

PROGRAMA 3

Aí vai o terceiro programa con: presentadora nova, novas do cole, entrevista a unha compañeira de 5º, entrevista a Aarón na sección de deportes, diferentes chistes, equivocacións, risas... música do grupo pontevedrés "DELAHOJA" coa que o F.C. Barcelona saía ao campo antes de cada partido, a canción de Freddy Mercury "I want to be free", e ao final a canción do entroido de despedida, nestas datas tan sinaladas!! Feliz entroido!! Agardamos que vos guste!!


 

viernes, 8 de febrero de 2013

CHEGOU O DÍA DO ENTROIDO

Xa é venres estamos todos e todas preparados e preparadas para o gran día.
Temos os traxes perfectos e as nosas máquinas e ferramentas prehistóricas.
O mes pasado recollemos moita información sobre as máquinas e vida na prehistoria e imos amosar unha parte do resultado do noso proxecto de traballo.

Ademais amosaremos como nos foi na festa: