lunes, 27 de enero de 2014

CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Nestes días traballamos para concienciarnos contra o acoso escolar.
Clasificamos feitos de acoso segundo os tipos.
Lemos historias para identificar acosos e ver como loitar contra el.
Deseñaremos carteis e eslogans.
Levaremos á casa un folleto para que as nosas familias nos axuden a parar o acoso.

jueves, 23 de enero de 2014

EUROPA, AMÉRICA e OCEANÍA

O tempo pasa voando, hai quince días que voltamos das vacacións e xa estamos metidos e metidas de cheo en varios traballos.
Por grupos estamos a preparar uns power point de Europa, Ámerica e Oceanía.
Para algún e algunhas é a nosa primeira experiencia, outros e outras xa comezamos o curso pasado a facelos.
Nuns días seguro que poderemos amosárvolos.
Estade moi atentos e atentas.

lunes, 13 de enero de 2014

UNHA HISTORIA SOBRE LORETO APARECE NA CLASE

LORETO VISTE UN ABRIGO CHEO DE PETOS.
NOS PETOS TRAE DE TODO... DE TODO...
TRAE ANIMAIS, OBXECTOS,...
COMO REMATARÁ A COUSA?