martes, 17 de diciembre de 2013

AUTOAVALIACIÓN

Hoxe é o día da entrega de notas do 1º trimestre todo o alumnado está nervioso, aÍnda que sabe moi ben cales serán os seus resultados.
Cada trimestre facemos unha autoavaliación e demostramos que somos conscientes do traballo que fixemos, do noso comportamento asÍ como das medidas que temos que adoptar para mellorar no próximo, pois temos tamén unha reflexión final.
Hoxe aproveitamos a autoavaliación para aprender a facer táboas nos ordenadores. Todos e todas estabamos moi concentrados, na clase non se oía nin o aleteo dunha mosca.

domingo, 1 de diciembre de 2013

ASIA TEN NOMES DIFÍCILES DE PRONUNCIAR

Comezamos recompilando o que sabiamos sobre Asia.

Entre todos e todas ainda tiñamos un chisquiño de información, pero tamén algunha dúbida.
Así que o seguinte paso foi comezar a buscar información.
Nos grupos repartimos o traballo, cadaquén ten que investigar un apartado e logo transmitirlle aos e ás demais a información.
Xa buscamos información sobre os límites, ríos, relevo.


Pero aínda nos queda moito que buscar.
O máis dificil de todo é pronunciar algúns nomes. Farémolo o mellor que poidamos.