viernes, 21 de diciembre de 2012

BO NADAL


21 de decembro de 2012.

Hoxe recibimos unha carta da nosa mascota Mini para felicitarnos polo Nadal, comentarnos un xogo que se chama Trivial de problemas e números co que podemos divertirnos no blog e tamén felicitarnos polas boas postais de Nadal que axudamos a facer en infantil 3 anos.

Tivemos tamén chocolatada e visita de Papá Noël, tróuxonos un agasalliño por adiantado


Nós dende aquí, desexámoslles a todas as mascotas, e a todas as persoas que visiten o noso blog un
Feliz Nadal!

martes, 18 de diciembre de 2012

CHARLA SOBRE O USO DE INTERNET

Onte, viñeron dous inspectores da policía nacional que nos ensinaron as dez normas máis importantes para o uso do ordenador.
As normas son as seguintes:
• NON FIARSE DOS CHOLLOS.
• NON LLE FAGAS CASO AO SPAM.
• NON REENVIAR SEN ABRIR.
• TER DOUS ENDEREZOS POLO MENOS.
• NON FALAR COS DESCOÑECIDOS E COAS DESCOÑECIDAS , NON SON OS TEUS AMIGOS, NIN AS TÚAS AMIGAS.
• NON LLE DEAS O TEU CONTRASINAL A NINGUÉN E CAMBIAA DE VEZ EN CANDO.
• NON REVELES DATOS PERSOAIS DE NINGUÉN.
• NON QUEDES A SOAS CON DESCOÑECIDOS E DESCOÑECIDAS.
• SE TE ACOSAN POR INTERNET PIDE AXUDA.
• CONFÍA SEMPRE NA TÚA NAI E NO TEU PAI.
A charla estivo moi ben e a todos e a todas nos gustou. Ademais, ensináronnos un vídeo explicativo sobre o uso adecuado dos ordenadores.

 

lunes, 17 de diciembre de 2012

UN OBRADOIRO DE TARXETAS

Hoxe axudamos ás nenas e aos nenos de tres anos a elaborar tarxetas.
Usamos palliñas, témpera, purpurina, cartolina,...
Foi moi interesante esta experiencia.

sábado, 15 de diciembre de 2012

ARQUIPÉLAGOS E GALICIA

Xa tiñamos acabados os mapas de Galicia e procedemos a pegalos no mural. Faltábannos no mural os arquipélagos así que a toda velocidade estivemos terminándoos para completar o noso traballo de España.


 




Este trimestre en 5º estivemos estudando as comunidades de España.Fixemos parellas para buscar a información nos ordenadores,na biblioteca e logo na nosa casa.A cada parella tocoulle unha comunidade distinta. Encontramos moita información que logo puxemos en común con toda a clase. Máis tarde pasamos a información a unha ficha con diferentes apartados. Entre todos e todas fixemos un mural sobre a Terra, España e Galicia no que puxemos mapas diferentes(de relevo, de ríos, de provincias,de comunidades) e preguntas do que queriamos averiguar sobre a Terra.(Laura C e Aldara)

jueves, 13 de diciembre de 2012

EXPOÑENDO INFORMACIÓN

Chegou o día da exposión dos traballos que fixemos sobre as comunidades de España. Estabamos algo nerviosos e nerviosas.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

O ALUMNADO PREPARA PRESENTACIÓNS

Aquí tendes unha presentación elaborada por alumnado de 5º.
Xa vos poñeremos máis, pero por agora ide vendo esta.

martes, 11 de diciembre de 2012

miércoles, 5 de diciembre de 2012

REPARTO DE CARTAS

Durante a semana escribimonos carta esperando recibir algunha.
Hoxe, mércores, houbo reparto, o buzón estaba cheo, mentras traballabamos mirabamos de reollo as que depositaba Aldara na nosa mesa.

SEGUIMOS CO PROXECTO

Temos preparada a información sobre España e as súas comunidades autónomas. Estamos pasando a información a unhas fichas e plasmándoa nuns mapas que pegaremos no mural situado no corredor.


Entre todos e todas, cadaquén nun recuncho, queremos amosar unha pequeniña parte do que traballamos en coñecemento este trimestre.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

FOMOS Á GRANXA KIRICO

O martes 27 fomos á Fornelos de Montes para facer unhas actividades de natureza na Granxa Kirico. Aquí están as fotos da saída

Unha hora de viaxe e chegamos á granxa. Alí fomos recibidos e recibidas polas monitoras . Na entrada xa había animais un periquito e dous cans enormes.

Unha vez explicadas as actividades e distribuído o alumnado en grupos comeza a festa.

Unha das actividades realizouse no bosque

Acompañounos Nieves e revisou todas as nosas actividades, tendo incluso que facer campo a través, pasando polo pasto donde estaban os cabalos. Un gran gato negro seguiu os seus pasos.

Percorrimos millas campo a través para ir dunha actividade a outra

Sen darnos conta era hora de comer.

Pola tarde tivemos que facer actividades alternativas, chovía.
Tamén foron divertidas.

O tiro con arco puidemos facelo.

Finalmente fixemos o baile do Kiriko

Acabamos as actividades cun xogo de orientación.

Antes de voltar miramos a paisaxe do noso ao redor


No autobús fomos recordando o que máis nos gustou.

Cando pasaremos outro día fóra?

viernes, 23 de noviembre de 2012

PROXECTO ESPAÑA E GALICIA

Estamos traballando nun proxecto sobre España e as autonomías, así que elaboramos o mural de proceso


Xa buscamos información na biblioteca.
Custounos un pouco atopar os libros que precisabamos e a información.

Tamén buscamos en internet.
 

miércoles, 21 de noviembre de 2012

DEREITOS E NON MALTRATO

EN NOVEMBRO TRABALLAMOS SOBRE OS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS:

  • DEREITO A EDUCARNOS





















TAMÉN TRABALLAMOS CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO E A DISCRIMINACIÓN DA MULLER. 
ESTE ANO MALALA, VAI SER UN EXEMPLO PARA NÓS. IMOS TRABALLAR COA SÚA BIOGRAFÍA E IMOS REFLEXIONAR SOBRE A SÚA LOITA POLOS SEUS DEREITOS.



domingo, 11 de noviembre de 2012

O NOSO PRIMEIRO MAGOSTO NO 3º CICLO

O VENRES, DESPOIS DE MOITO INVESTIGAR SOBRE AS CELEBRACIÓNS DO OUTONO, PARTICIPAMOS NUNHA DELAS: O MAGOSTO. COMO XA ESTAMOS NO TERCEIRO CICLO E SOMOS MAIORES, AXUDAMOS UN CHISQUIÑO NA ORGANIZACIÓN, PERO QUEN MÁIS AXUDOU FORON AS NENAS E OS NENOS DE 6º. TAMÉN PACO FOI MOI IMPORTANTE... QUE FARIAMOS SEN EL PREOCUPÁNDOSE DO ASADO... A CELEBRACIÓN CONSISTÍU EN ASAR E COMER CASTAÑAS, EN PARTICIPAR EN COMPETICIÓNS, EN XOGAR, EN BAILAR,.. FOI ESTUPENDO!

lunes, 29 de octubre de 2012

UN NOVO COMPAÑEIRO

Por certo, as nenas e os nenos de 5º B temos un novo compañeiro de clase, pero non sabe aínda o seu nome. O único que ten claro son todas as normas que se deben cumprir na clase!! Un saúdo, 5º B

OUTRAS FOTOS DOS MURAIS

Outras fotos...

OS MURAIS DO NOSO PROXECTO

Ola, deixamos algunhas fotos dos murais que rematamos do noso proxecto do Sistema Solar a ver se vos gustan!! Un saúdo!! 5º B

A NOVA CAIXA DE CORREOS

Presentamos a nova caixa de correos da clase onde nos escribimos cartas contándonos que tal o pasamos a fin de semana, as novas do día... Nunha das fotos as artistas que decoraron o buzón e noutra toda a clase (5º B) posando!!

sábado, 27 de octubre de 2012

UNHA CARTA DE LAMPI

ESTAS SEMANAS TEMOS UNHA CHEA DE COMUNICACIÓNS: CARTAS DAS MASCOTAS DE CLASE, CARTA DO ESQUÍO ANTÍO E A SÚA MANÍA DE VIR TODOS OS OUTONOS PARA FACERNOS TRABALLAR E AGORA... LAMPI TAMÉN QUERE QUE O AXUDEMOS! LAMPI ESTIVO NA BIBLIOTECA BUSCANDO O SEU LIBRO FAVORITO E... QUE CREDES? POIS ESTABA INCOMPLETO. ASÍ QUE ESTIVEMOS AXUDÁNDOLLE, EN EQUIPOS, A COMPLETALO.

domingo, 21 de octubre de 2012

UNHA CARTA PARA A OUTRA MASCOTA

Nós tamén escribimos á nosa mascota. Levamos anos con ela e queremos contarlle novidades, inda que como é máxica, seguro que xa o sabe. Querida Puqui: Si que temos novidades. Pois este ano temos un titor novo, chámase Jose. Parece bo, aínda que nos fai traballar moito. Pero como xa somos nenos e nenas de 5º, teremos que poñernos as pilas. Seguimos sendo 25, o mesmo número que o ano pasado. Por certo, que tal coas demais mascotas? Este ano hai mascotas novas? Outra novidade é a dos portátiles, que os temos na clase, pero non os utilizamos porque aínda non funcionan e a nosa pantalla tampouco. O profe ten cousas preparadas para traballar con ela, pero temos que esperar. Ti tés algunha novidade en Mascotilandia? Para a semana, se temos tempo, pois xa colgamos algunha foto de cousas que estamos facendo en clase. Un saúdo para ti e para Puquo da nosa parte. Moitos bicos, 5º B

jueves, 11 de octubre de 2012

UNHA CARTA PARA A MASCOTA DE 5º A

Estamos a escribir unha carta ás nosas mascotas para contarlles como nos vai neste curso e para pedirlles axuda co noso proxecto.
Vela aquí:

                                                               Pontevedra,a 10 de octubre de 2012


Querida Mini:
Hoy te escribimos porque tenemos muchas cosas que contarte.Para comenzar te diremos que ya estamos en quinto somos los mismos del curso pasado excepto Víctor, ¿tú tienes nuevos compañeros?
Este curso tenemos tres nuevos profes Tere la tutora, Jose el profe de gallego y Victoriano el profe de plástica. De momento estamos muy contentos con ellos y ella.
En clase nos colocaron un cañón , una pizarra digital y un armario con  24 portátiles, para que las clases sean más entretenidas. Esperamos aprender a pasar cosas al pen, hacer exámenes en los ordenadores, quizás podremos jugar un poco (si nos portamos bien).
El material que utilizamos también ha cambiado: libretas más grandes, el libro de matemáticas está repartido en trimestres, un pen, láminas de dibujo,  la agenda es más gruesa tiene las hojas numeradas y nuevos apartados...
En coñecemento estamos comenzado un proyecto sobre la Tierra; te queremos pedir por favor que nos mandes un poquito de información.
Esperamos impacientes tu respuesta y ya te damos gracias anticipadas.                                 
                                        


                                      Muchos besos y abrazos                           

                                                          5º            
                                                                      


Ola! Aí vai algo interesante: Bicos Mini

miércoles, 3 de octubre de 2012

O NOSO 1º PROXECTO EN QUINTO

ESTAMOS INICIANDO O NOSO PRIMEIRO PROXECTO DESTE CURSO. UN PROXECTO QUE TEN QUE VER COA TERRA, COS CONTINENTES,... INDA NON LLE PUXEMOS TÍTULO, XA VOS DIREMOS CAL É. SABEMOS MOITÍIIISIMO SOBRE A TERRA:
que ten polos 
que se cría na antigüedade que a sostiñan uns elefantes 
que ten un núcleo
que se move
que ten continentes 
que....
MAIS HAI COUSAS QUE  DUBIDAMOS, QUE DESCOÑECEMOS, SOBRE AS QUE TEMOS CURIOSIDADE... ASÍ QUE XA VOS CONTAREMOS COMO SEGUIMOS NO PROXECTO.

UNHA XUNTANZA COAS FAMILIAS

O día 2 de outubro de 2012, o profesorado do grupo reuniuse coas familias para comentar como vai ser o desenvolvemento deste curso. Nesa sesión utilizouse esta presentación.

viernes, 7 de septiembre de 2012

XA COMEZAMOS NUN NOVO CICLO

DENDE ESTE 12 DE SETEMBRO ESTAREMOS EN QUINTO. UN CICLO NOVO: O TERCEIRO. PUQUI E MINI ESTIVERON DE VACACIÓNS E SEGURO ARGALLARON ALGO PARA CANDO ENTREMOS NA CLASE... QUE SORPRESA NOS TERÁN RESERVADA? SEGURO QUE TERÁN ALGUNHA PREGUNTA PARA NÓS.

viernes, 22 de junio de 2012

REMATAMOS O CICLO

22 DE XUÑO
IMOS DE VACACIÓNS!!
FELIZ VERÁN. VÉMONOS EN SETEMBRO. XA ESTAREMOS EN QUINTO E SAUDARÉMOSVOS DENDE ALÍ.

viernes, 15 de junio de 2012

O VENRES 15 DE XUÑO DE 2012.
 A escritora Mariné Corcoba presentou o seu fermoso libro “Un soño na bandexa” ao alumnado de Relixión Católica de 4º de primaria. As nenas e nenos agasallaron á autora cun libro feito por eles onde ían debuxados os seus mellores soños.

 

UNHA RECEPCIÓN EN 5º

O VINDEIRO CURSO IMOS ESTAR EN QUINTO... ASÍ QUE HOXE FOMOS VER COMO É ISO DE ESTAR EN 5º. ESTIVEMOS NA AULA, VIMOS OS MATERIAIS, A AXENDA,... FALAMOS COAS NENAS E COS NENOS E... VIMOS OS SEUS ORDENADORES PORTÁTILES!!! O VINDEIRO CURSO ESAS NENAS E ESES NENOS SERÁN AS NOSAS COMPAÑEIRAS E OS NOSOS COMPAÑEIROS DE CICLO.

miércoles, 30 de mayo de 2012

CERTAME DE POESÍAS E VALENTÍN PAZ ANDRADE

Todo este tempo estivemos traballando arreo. Entre as moitas cousas que fixemos está a de facer poesías para o XX Certame. Acabamos de recollelas todas nun enorme mural. Ademais estivemos investigando sobre Valentín Paz Andrade coa axuda dunha webquest. Nós investigamos sobre a súa obra. Agora estase colocando a exposición da investigación que sobre este escritor fixo todo o colexio... e aí está o que nós fixemos.

martes, 20 de marzo de 2012

A CONSTITUCIÓN DE 1812

A PRIMEIRA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA CUMPRE 200 ANOS E NÓS APRENDEMOS QUE LLE CHAMABAN "A PEPA".
APROVEITAMOS PARA REPASAR A NOSA CONSTITUCIÓN ACTUAL, NACIDA EN 1978.

lunes, 5 de marzo de 2012

TRABALLAMOS AO REDOR DA IGUALDADE

UNHAS VIÑETAS DO CENTRO DE IGUALDADE DA MULLER (CIM) DE PONTEVEDRA, SÍRVENOS DE INTRODUCIÓN PARA TRABALLAR SOBRE A IGUALDADE, IGUALDADE NAS PROFESIÓNS, NOS TRABALLOS, NA COLABORACIÓN CO TRABALLO DOMÉSTICO. DURANTE TODA A SEMANA IMOS ESTAR COMENTANDO NOTICIAS, VENDO VÍDEOS, DEBATENDO SOBRE HISTORIAS,...
CREMOS QUE A IGUALDADE É O PASO PARA EVITAR OS MALOS TRATOS DE XÉNERO.
DENDE A CASA PODEDES CONTRIBUÍR A QUE COMPRENDAMOS BEN TODO ISTO.

sábado, 18 de febrero de 2012

NA FESTA DO ENTROIDO

FOI UNHA FESTA ESTUPENDA. IAMOS PARODIANDO UNHA VODA IBICENCA... E COMO NON? HOUBO ARROZ PARA DESEXAR BOA SORTE Á NOIVA E AO NOIVO.

DESPOIS DE QUE CONDEASEN AO GALO A SER QUEIMADO... CANTAMOS AS LADAÍÑAS XUNTO CO ALUMNADO DE 3º

jueves, 2 de febrero de 2012

ARROZ NAS VODAS

XA FIXEMOS UNHA CELEBRACIÓN ENORME SOBRE "XESTOS DE PAZ", O XESTO MÁIS GRANDE FOI BAILAR UNHA CANTIGA DE SAÚDO COLECTIVAMENTE TODO O COLE.
PERO NON REMATAMOS COS XESTOS... XESTOS QUE FARÁN AS NOSAS MASCOTAS NO CÓMIC QUE ESTAMOS PLANIFICANDO.
QUE TEN QUE VER O ARROZ? POIS, QUE OS CÓMICS VAN SOBRE AS SUPERSTICIÓNS E O DO ARROZ É UNHA DAS QUE INVESTIGAMOS.
QUEREDES VER COMO NOS QUEDAN OS CÓMICS?

viernes, 20 de enero de 2012

INVESTIGAMOS MOITO SOBRE SUPERSTICIÓNS

TEMOS UNHA CHEA DE TREVOS CO QUE INVESTIGAMOS. HAI TANTAS SUPERSTICIÓNS!!! HAINAS CON ANIMAIS, CON PLANTAS, CON OBXECTOS, CON XESTOS,... CASE CON TODO!!
FALANDO DE XESTOS... SABEDES QUE ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE XESTOS DE PAZ? É CURIOSO, PERO ALGO TAN SIMPLE COMO UN SAÚDO PODE AXUDAR A CONVIVIR MELLOR.
SE QUEREDES AXUDARNOS PODEDES DEIXARNOS COMENTARIOS SOBRE XESTOS DE PAZ E XESTOS RELACIONADOS COAS SUPERSTICIÓNS... TAMÉN ALGO RELACIONADO CON DEBUXAR XESTOS NAS CARAS QUE INDIQUEN DÚBIDA, LEDICIA, SORPRESA,...

NON PENSEDES QUE SÓ TEMOS QUE TRABALLAR NÓS... HALA! A TRABALLAR TODO O MUNDO!

jueves, 12 de enero de 2012

E REMATOU A BOA VIDA... TOCA TRABALLAR SOBRE AS SUPERSTICIÓNS


EN MASCOTILANDIA EMPEÑÁRONSE QUE INVESTIGUEMOS SOBRE AS SUPERSTICIÓNS... E NISO ESTAMOS!
INVESTIGAMOS SOBRE SUPERSTICIÓNS DE BOA E DE MALA SORTE.
LEMOS SOBRE SUPERSTICIÓNS: DEFINICIÓNS, PÁXINAS WEB, CÓMICS,...
HAI TANTAS SUPERSTICIÓNS! SON MOI DIVERTIDAS, SON TAN INCRIBLES!!!
TODO O QUE INVESTIGUEMOS TEMOS QUE IR REDACTÁNDOO EN TREVOS E POÑELOS NUN MURAL XIGANTE QUE COLOCARON NO COLEXIO.