lunes, 28 de octubre de 2013

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

NA BIBLIOTECA LAMPI AGASALLOUNOS CUN TEXTO INSTRUTIVO.
A CAMPAÑA DESTE ANO DA BIBLIOTECA ERA "LER CIENCIA".
LEMOS O TEXTO E FIXEMOS UN EXPERIMENTO: UN XILÓFONO.

viernes, 25 de octubre de 2013

LAMPI E ANTÍO REMITEN AS SÚAS CARTAS

CUNS DÍAS DE DIFERENZA CHEGARON ANTÍO E LAMPI AO COLEXIO:
UN PORQUE É OUTONO E ESTÁ A PIQUES DE CELEBRARSE O MAGOSTO NO COLEXIO.
O OUTRO PORQUE O DÍA 24 FOI O DÍA DA BIBLIOTECA.
MENTRES ANTÍO NOS PIDE UN CONTO PARA LER DURANTE O INVERNO, UN CONTO QUE VIRÁ DENDE INFANTIL E QUE NÓS TEREMOS QUE REMATAR ENGANDINDO ALGO RELACIONADO CUNHA IMAXE QUE NOS MANDOU...
LAMPI AGASÁLLANOS CUN CONTIÑO ("O CLARO DO BOSQUE") E UN DETALLIÑO NA BIBLIOTECA, ADEMAIS DE CONVIDARNOS A QUE APRENDAMOS CÓMO SE ORGANIZA A BIBLIOTECA USANDO O CDU.


ASÍ QUE NESTES DÍA SEGUIMOS EXPERIMENTANDO EN MATEMÁTICAS E AO REDOR DA ELECTRICIDADE, PERO ADEMAIS TRABALLAREMOS NESTES NOVOS ÁMBITOS QUE NOS PROPOÑEN AS MASCOTAS... UFF! QUE DE TRABALLO!

lunes, 21 de octubre de 2013

AS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS DE ELECTRICIDADE

O venres 18 comezamos a facer experimentos no laboratorio para aprender un pouco sobre electricidade.
Fixemos unha chea de experiencias e agora imos tirar conclusións... por que pasou?

lunes, 14 de octubre de 2013

A NOSA POSTAL CON HISTORIA

Apareceu un día pola maña pegadiña cun anaquiño de celo na PDI, despois de mirala e remirala, ler e reler, seguimos sen saber quen a manda e que quere dicirnos, distintas opinións na clase: - É a nosa mascota que dixo que ía de viaxe - Ven do Xapón, investiguei e os olmos son de alí - É unha historia de Pablo Picaso -.....
Susana logo de ler a terceira postal que nos chegou decidiu escribir un posible final,...
La postal de Pablo por Susana Firvida
Pablo estaba muy, pero que muy asustado, pero no podía quedarse quieto mientras veía como sus dibujos destrozaban la casa, para que luego le castigaran a él. Entonces le vino una idea artística, si los dibujos cobraran vida entonces…
                                                                        4\8
Sacó una hoja de reciclaje y dibujo un aspirador, lo encendió y en un instante la bolsa del aspirador estaba llena de dibujos, había hecho un buen trabajo pero, la casa aún seguía estando patas arriba, así que… 
                                                                         5\8
Como era muy vago y solo le gustaba dibujar, pintó una mini persona que cumpliera sus órdenes, le dijo que si podía limpiar por él y la mini persona lo hizo encantada, cuando su madre vino de la compra… 
                                                                         6\8
 Cogió las llaves de casa que estaban debajo del felpudo, abrió la puerta y casi le da un yuyo al ver que Pablo no había desordenado nada, ni siquiera su habitación, todo estaba impecable…
                                                                          7\8
Menos Pablo, que se había manchado todo. Su madre buscó y rebuscó pero no encontró ninguno de los dibujos de su hijo . Entonces Pablo le dijo:-Mamá ya no me gusta dibujar, prefiero ser profesor.
                                                                          8\8

AHORA VERIFICAREMOS SE SUSANA ACERTOU COAS HIPÓTESES DE HISTORIA... EN TODO CASO SON UNHAS HIPÓTESES FERMOSAS

sábado, 12 de octubre de 2013

TARXETAS CON HISTORIA


- APARECERON NAS CLASES UNHAS TARXETAS MISTERIOSAS.
VEÑEN DIRIXIDAS A NÓS E TRAEN UNHA HISTORIA. TEMOS TANTA INTRIGA PARA VER COMO REMATAN!

AS IMAXES DAS TARXETAS SON COMO UN QUEBRACABEZAS... SEREMOS CAPACES DE MONTALO?
QUEN NOS REMITIRÁ A TARXETA?NON PARECE QUE SEXA A MASCOTA, ELA SEMPRE ASINA O QUE MANDA... TAMPOUCO SEMELLA OBRA DE VILAVERDIÑO...
SERÁ ANTÍO QUE COMO XA CHEGA O OUTONO E O MAGOSTO VÉN FACERNOS UNHA VISITA?
XA VOS DIREMOS COMO REMATA TODO... E SOBRE TODO COMO REMATA A HISTORIA, PÓÑENNOS DOS NERVIOS OS PUNTOS SUSPENSIVOS AO FINAL DE CADA TARXETA.

viernes, 11 de octubre de 2013

TEXTO INSTRUTIVO

Estamos traballando con textos instrutivos variados: instrucións de lavado, instrucións para cambiar cueiros, receitas,... .
Podemos profundar nas receitas vendo isto.

AQUÍ VOS DEIXAMOS INSTRUCIÓNS PARA NON ENCHER UN VASO DE AUGA
OU UN ENLACE CON HUMOR SOBRE COMO ENCHELO

jueves, 10 de octubre de 2013

XUNTANZA COAS FAMILIAS

O martes pasado houbo xuntanza coas familias de 6º.
Preparamos a aula e colocamos no ordenador, para proxectar na pantalla, unha presentación en power point.
Fomos as nenas e os nenos de 6º quen elaboramos a presentación.
Gustounos moito ver ás nosas familias sentadas na nosa aula.

 Mirade que ben nos quedou a presentación.

miércoles, 2 de octubre de 2013