martes, 29 de noviembre de 2011

TRABALLAMOS EN GRUPOS SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA

ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS FACENDO ACTIVIDADES EN GRUPO SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA. PRIMEIRO FALAMOS DOS DEREITOS QUE LEMBRABAMOS... ERAN MOITÍSIMOS! VIMOS UN VÍDEO PARA COMPLETAR A INFORMACIÓN E DESPOIS FIXEMOS UN CADERNIÑO CON IMAXES E DEBUXOS REPRESENTATIVAS DE CADA DEREITO.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

INVESTIGAMOS SOBRE NOCES E FIGOS

Estamos investigando, dentro do proxecto do outono, os froitos que nos tocaron no nivel. Para investigar repartimos a clase en dous macrogrupos, un investiga sobre os figos e o outro sobre as noces. Cando teñamos a información buscaremos un xeito de transmitirlla ao outro macrogrupo.
Cos datos elaboraremos un libro xigante conxunto.Unha nena trouxo hoxe noces do Courel e unha das profes trouxo noces de Mourente. Imos comparalas.