sábado, 25 de mayo de 2013

O PRIMEIRO CASULO

O verme é unha larva dunha bolboreta que produce unha substancia coa que, unha vez tratada, se fai un fío e un tecido moi fino, formando así o casulo (como podedes ver na foto)


Esta semana, Andrea trouxo algún verme máis e...aumentamos o número de mascotas!!


jueves, 16 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores festexamos o Día das Letras Galegas.

GALICIA

O grupo "Los pópular" presentan unha nova canción co seu novo membro de 5º A (Laura García) e algunha colaboración máis. Premede no play para escoitar a versión do poema "Galicia" de Xosé María.

miércoles, 8 de mayo de 2013

sábado, 4 de mayo de 2013

AS NOSAS MASCOTAS: VERMES DA SEDA

Velaquí tedes unhas fotos das nosas mascotas da clase e información sobre elas (información recollida por Nuria)...agora faltan os nomes...propostas?

 
Moi bo traballo!!

XOGANDO COS ORDENADORES

Por fin os ordenadores arranxados, aínda que dous non funcionaban ben!!
O venres estivemos repasando e xogando cos ordenadores.


viernes, 3 de mayo de 2013

REPASAMOS MATEMÁTICAS

Premede AQUÍ para xogar e repasar matemáticas dunha forma divertida.

PECHAMOS A SEMANA DO LIBRO E INICIAMOS O TRABALLO COAS LETRA GALEGAS

PARA PECHAR O TRABALLO RELACIONADO COA SEMANA DO LIBRO, TIVEMOS UNHA ACTUACIÓN DE INÁCIO VILARIÑO.
É O AUTOR DE "FÁBULAS GALÉNICAS", UN LIBRO DE TEATRO MOI DIVERTIDO.
ESTA ACTUACIÓN QUE SERVIU DE PECHE AO TRABALLO REALIZADO SOBRE O LIBRO, ABRE O TRABALLO CON ROBERTO VIDAL BOLAÑO, MOI RELACIONADO CO TEATRO.

miércoles, 1 de mayo de 2013

PARTICIPAREMOS NO CERTAME DE POESÍA

Un ano máis no centro terá lugar un CERTAME DE POESÍA. Nós participaremos coas nosas composicións que xa veredes que bonitas nos quedan.

AS NOSAS SESIÓNS DE CONTACONTOS

Co gallo da celebración da Semana do Libro no colexio, as nenas e os nenos de 5º preparamos contos acumulativos para contar.
Fixemos sesión de contacontos moi entretidas e asistimos a outras.
Aquí vos deixamos unas fotos:

Conto acumulativo 5ºA: COMPAÑEIRO SEI TOCARE
 
Conto acumulativo 5ºB: GATO, DÁSME O RABO?
 
MIRÁDENOS EN VÍDEO

PROGRAMAS, CONTOS...

Velaquí vai outra morea de traballos!! Premede no "Play" para poder escoitar, ver e pasar un bo rato coas diferentes propostas!

Bo traballo!!



AS CURTAMETRAXES



As curtametraxes gañadoras son:
5ºA:
- Cóllese antes a un mentireiro que a un coxo.
- Reunión de executivos.

5ºB:
- Asalto á tenda da miña nai!