jueves, 29 de mayo de 2014

A PRIMEIRA FASE DA ACOLLIDA NO IES FREI MARTÍN SARMIENTO



Hoxe xoves, 29 de maio de 2014 fomos coñecer o IES Frei Martín Sarmiento como parte do plan de Acollida que desenvolvemos dende hai varios días.
Recibiunos a xefa de estudos(Cristina), que nos conduciu ata o salón de actos , onde o director (David) nos resolveu as dúbidas que tiñamos.
Despois, fomos a unha clase de 1º da ESO, e observamos como traballaban os alumnos e alumnas.
Na media hora do recreo deixáronnos mover polo centro. Algúns foron á biblioteca, outros ao pavillón, os demais tiñan fame e foron á cafetería mercar algo, e cando acabamos...
Recolleunos a orientadora, que nos levou a coñecer o instituto, como por exemplo; a biblioteca, a aula de plástica, o laboratorio, a aula de idiomas, a sala de profesorado...
Pareceunos un instituto moi grande e... facía moita calor!

viernes, 9 de mayo de 2014

REBUMBIO MATEMÁTICO

Acordádesvos do rebumbio matemático?
Hoxe soubemos os resultados, non houbo sorte e non nos clasificámos pero estamos contentos co noso traballo e de vivir esa gran experiencia.
Suxerimos aos alumnos e alumnas de 6º dos anos seguintes que se animen a participar.
                                     FOI UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!
                                                
                                                            Manu, Aldara e Jorge

jueves, 8 de mayo de 2014

TRABALLANDO CON CONTOS DE OQO

CON VARIOS CONTOS REPARTIDOS ENTRE OS GRUPOS TIVEMOS QUE BUSCAR ORACIÓNS, TÍTULOS, IMAXES, PERSONAXES,...RELACIONADOS CUNHA TEMÁTICA DADA
NESTE CASO A TEMÁTICA ERA..."NA COCIÑA"
CON TODOS ESTES ELEMENTOS FOMOS ENFIANDO UNHA HISTORIA EN GRAN GRUPO