domingo, 28 de abril de 2013

APARATO RESPIRATORIO

E seguimos co proxecto do corpo humano...
Esta fin de semana tócanos buscar información sobre o aparato respiratorio.
Temos que averiguar:
  1.  Cales son as súas partes.
  2. O camiño que percorre o aire.
  3. A súa relación co aparato circulatorio.
Temos unha fin de semana atarefada, pero daranos tempo a xogar un pouco.

miércoles, 24 de abril de 2013

CONTACONTOS NOS QUE CONTAMOS ACUMULATIVOS

Hoxe..
.

Tamén estivemos axudando ao alumnado de 3 anos.....

APARATO DIXESTIVO E APARATO CIRCULATORIO

Estamos preparando a información sobre o aparato circulatorio e o aparato dixestivo
Queremos atopar a resposta a moitas dúbidas que temos
Temos sangue azul e sangue vermella?
Cal é a cor das veas?
Os príncipes teñen o sangue azul?
Rexenérase o sangue?
Cal é o camiño que percorre o sangue?
Canto mide o intestino delgado?
Que pasa cos alimentos?

lunes, 22 de abril de 2013

PAN DE MARROCOS

Mohamed es un compañero de 5ºA que vino este curso de un colegio de Marín.
El pasado jueves trajo un pan típico de su país, lo hizo con su madre.
Nos explicó que lo comen sólo o acompañado de queso.
Nos gustó muchísimo así que le pedimos que nos traiga la receta

sábado, 20 de abril de 2013

NOVO PROGRAMA DE RADIO

Aí vai o novo programa de radio: novos presentadores, entrevista a Mencía sobre o seu deporte, novo programa "FRA-DE-SE", un novo experimento no recuncho dos inventos, unha longa sección de chistes, unha canción moi  soada de Violetta ("Destinada a brillar"), tomas falsas...e os erros cometidos e moi soados!!jaja!!


viernes, 19 de abril de 2013

SEGUIMOS TRABALLANDO AO REDOR DO CORPO HUMANO

COMO VEDES, NON PARAMOS!!!
ADEMAIS DE TODOS OS OBRADOIROS... ESTAMOS A PREPARAR CONTOS PARA A SEMANA VINDEIRA (EN REALIDADE UN CONTACONTOS) E SEGUIMOS TRABALLANDO SOBRE O CORPO HUMANO.
IMOS A TODO TRAPO.

jueves, 18 de abril de 2013

REGUEIFAS

Traballamos as rimas en clase facendo un concurso de regueifas.
A regueifa é un canto ou cantiga entre dous ou máis persoas que seguen o mesmo ritmo e son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. De orixe galego-portugués, pode ter parecido co rap actual, pero as regueifas son máis populares. O tema é moi variado, pero sempre cun toque de humor.

 

miércoles, 17 de abril de 2013

TARTA DE QUEIXO

As receitas que Nieves elaborou no colexio resultaron sabrosísimas, tédelas que probar.
Son facilísimas de facer nós xa o comprobamos.
Queremos compartilas con todos e todas.
Ahí vai a primeira.
                 Tarta de queso

Ingredientes:
  • 1/2 l de nata
  • 1/2 vaso de leche
  • 1/2 vaso de azúcar
  • 1 sobre de cuajada
  • Galletas
  • Caramelo líquido
Preparación:
  • Echar los ingredientes en una tartera.
  • Mezclar bien todo con una varilla manual.
  • Poner al fuego.
  • Seguir removiendo hasta que empieza a hervir.
  • Untar un molde con caramelo líquido.
  • Verter la mezcla.
  • Colocar unas galletas cubriéndola.
Dejar enfriar y meter en la nevera, preferiblemente hasta el día siguiente.
Cuando se vaya a servir darle la vuelta en una fuente.
              ¡¡¡¡ A comer !!!!

OUTRA DE COCIÑAAAA...


AS CURTAMETRAXES GAÑADORAS SON...

Todas as curtametraxes foron moi boas, pero as gañadoras non podían ser todas.

En 5º B........
- Aterraxe forzoso!

- Menuda clase!

 En 5º A........
- O gran roubo 

- Este día foi especial!

lunes, 15 de abril de 2013

DEDICÁMONOS Á COCIÑA

Velaquí algunhas fotos para dar comezo ás medidas de peso...Comezamos con algúns postres!!


OBRADOIRO DE RECEITAS EN VERSO

Receitas en verso? Aínda saíron cousas divertidas...pero imposibles? Tivemos o segundo obradoiro coa editorial "Kalandraka". Esta vez, fixemos receitas en verso: números con bechamel, corcheas ao forno, cores á tixola...



sábado, 13 de abril de 2013

O CEIP DE SOBRADA

Neste curso estamos carteándonos e coñecendo aos compañeiros do CEIP de Sobrada (Tomiño). Temos moitas cousas en común...haberá que falar cos profes para facer unha xuntanza!!Premede en cada foto para poder velas máis grandes.



PRESENTACIÓN-CURTAMETRAXES

Aí van as fotos de presentación das curtametraxes. Se as fotos son graciosas...esperade a ver as curtametraxes!!jajajaja!!Pasámolo xenial e o mellor é que aprendemos xogando!!

viernes, 12 de abril de 2013

EXPOSICIÓN INCRIBLE

O alumnado de 2ºB deixounos abraiados co traballlo que fixeron sobre o Universo, sabían moitísimo.

NA PRAZA DO POBO

Hoxe o alumnado de 5º xuntamonos na biblioteca para comezar unha nova actividade de Coñocemento do Medio

miércoles, 10 de abril de 2013

CURTAMETRAXES

Outra forma de traballar coas linguas! Presentamos diferentes traballos feitos polos alumnos e alumnas. Premede en cada un! Aínda foi divertido!!



LOS PÓPULAR

Aquí está o grupo musical formado polos alumnos e alumnas de 5º B: "Los  Pópular", coa súa primeira canción que está sendo todo un éxito!!! Premede nas fotos para poder velas máis grandes e no "PLAY"para escoitar a canción... Pronto poderemos escoitar os novos temas!!



OBRADOIRO DE COCIDO DE MAIÚSCULAS

O luns fixemos un taller cun colaborador da editorial "kalandraka". Fixemos unha receita de cocido de maiúsculas, presentounos unha serie de libros que estarán na biblioteca e propúxonos unha serie de receitas un pouco raras para o seguinte luns... Para a vindeira semana, colgaremos algún dos exemplos.



martes, 9 de abril de 2013

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS



Hoxe o alumnado de 5ºA tivemos un taller de matemáticas coa colaboración de Nieves, para aprender mellor as medidas de capacidade e de peso.
Primeiro fixemos un xogo para formar grupos que consistía en atopar medidas equivalentes, mentres Nieves colocaba uns ingredientes e utensilios na mesa da profe. Algúns e algunhas  pensabamos que íamos  pesar, outros e outras que facer unha receita, estabamos sorprendidos e sorprendidas
De seguido, Nieves comezou a elaboración dunha receita, flan de queixo, foi pesando os ingredientes, explicando equivalencias, facendo preguntas ata rematala. Nós íamos copiando todos os pasos na nosa libreta; mañá teremos que traer a receita pasada a limpo e ben presentadiña.
Tivemos dobre sorpresa, de súpeto Nieves comezou a facer outra receita,  agora era tarta de queixo e chocolate.
Estabamos abraiados e co olor a boca facíanos auga.
Quen comerá as tartas? Probaremos un anaquiño?

viernes, 5 de abril de 2013

REMATAMOS O TRIMESTRE ANTERIOR COA HISTORIA

Bos días a todos e a todas!! Rematamos o trimestre pasado coa exposición das civilizacións.  Velaquí o power point que fixemos con toda a información e imaxes atopadas.


jueves, 4 de abril de 2013

NOVO TRIMESTRE

Comezou o terceiro trimestre no que seguiremos aprendendo. Cremos que vai ser máis longo que o anterior. Faremos proxectos novos coa que traballaremos aspectos diversos das áreas:
  • En Lingua Castelá seguiremos cos verbos, lendo e facendo traballos escritos.
  • En Plástica imitaremos a pintores e pintoras da época contemporánea nun proxecto relacionado coa xeometría.
  • En Coñecemento do Medio seguro que aprenderemos moitas cousas  sobre os animais, o ser humano ...
  • En Lingua Galega faremos actividades en grupo.
É o trimestre máis importante, teremos que poñernos as pilas para aproveitar o tempo e non ter ningún tropezo.
Imos estudar para aprobar!!!
Alejandro, Nico, Mohamed e Pablo