viernes, 28 de junio de 2013

CUNHA FESTA REMATAMOS ESTE CURSO

FOI UN CURSO MOI INTENSO: CAMBIAMOS DE CICLO, FIXÉMONOS MAIORES E TIVEMOS QUE ASUMIR MOITAS RESPONSABILIDADES. INVESTIGAMOS, EXPERIMENTAMOS, COLABORAMOS CON OUTROS CURSOS,...
REMATAMOS MERECÉNDONOS UNHA...
ENORME FESTA!!!


VÉMONOS EN SETEMBRO E... XA ESTAREMOS EN 6º DEICA O DÍA 11! BICOS DE PUQUI E MINI.

jueves, 20 de junio de 2013

SOMOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS E FACEMOS EXPERIMENTOS

E para rematar...fixemos de científicos e científicasexplicando o tema da materia e da enerxía a través de experimentos: o funcionamento da lámpada, o globo que se incha e non varía de peso, a pataca en burbullas, a fonte caseira, o compás cunha agulla imantada, o CD xiratorio e o motor eléctrico.


 

UNHA CHARLA INTERESANTÍSIMA

Hoxe tivemos unha charla moi interesante.
Somos preadolescentes e preocúpannos os cambios no noso corpo.
Así que falamos e comentamos, preguntamos,... Axudounos unha presentación en power point

CURTAMETRAXES

Nesta edición especial...todas as curtametraxes saíron gañadoras!! Bo traballo!!



O programa especial cunha boa improvisación!
As novas de Galicia  cunha canción moi pegadiza!
As novas…máis ou menos!!
Preferimos bailar!

miércoles, 19 de junio de 2013

LOS PÓPULAR CON ROSALÍA

Hai algúns días vimos a exposición de Rosalía de Castro no cole, xa que este ano está de aniversario Cantares Gallegos (ano 1863). Hai xa 150 anos que escribiu esta obra poética que tivo tanta importancia na súa vida.


Ademais, traballamos algún poema dela...


Velaquí algunhas fotos da exposición e o cartel de Los pópular, coa canción Negra sombra (un dos poemas máis famosos do libro Follas novas).
 

domingo, 16 de junio de 2013

FESTA DE FIN DE CURSO

A festa de fin de curso estivo xenial.
Nós actuamos.
O baile saínos fantástico.
Velaquí fotos


viernes, 14 de junio de 2013

ACOLLEMOS TAMÉN A 4ºA

NO PLAN DE ACOLLIDA DOS 4º NO TERCEIRO CICLO QUEDABA, 4º A... ASÍ QUE RECIBIMOS A CLASE E AMOSÁMOSLLE OS MATERIAIS NOVOS... E COMO NON...
 TAMÉN OS ORDENADORES INDIVIDUAIS...

DE VERME DA SEDA A BOLBORETA!

E despois de tanto tempo....ao final saíron algunhas bolboretas!!!Benvidas a 5º B!

 

DE NOVO NO LABORATORIO... ACOMPAÑANDO A 1º

Xa vos contaramos que foramos ao laboratorio para ver células e partes do corpo usando microscopio e lupa... pois ben,...
 o alumnado de 1º tamén traballou sobre o corpo humano e pedíronnos que o levaramos ao laboratorio.
Hoxe comezamos con algún grupiño... son tantas e tantos! Velaí as fotos:

jueves, 13 de junio de 2013

NÓS TAMÉN PARTICIPAMOS...

Aínda que a acollida con 4º estaba programada para outro día, puidemos facerlle un pequeno resumo deste ano, falar un pouco das actividades feitas na clase, libros utilizados, temas relacionados con outros cursos...Tamén falamos sobre "Los pópular", grupo musical formado este ano con temas propios e outros versionados (visita o seu blog: http://lospopular.blogspot.com.es/ )

 

PARTICIPAMOS NA ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 4ºC NO TERCEIRO CICLO

NESTA SEMANA ACOLLEMOS AS NOVAS COMPAÑEIRAS E OS NOVOS COMPAÑEIROS DE 3º CICLO.
NÓS PREPARÁMOSLLES UN AGASALLO PARA QUE NUNCA SE PERDAN NA LECTURA DUN LIBRO. FIXÉMOSLLOS PERSONALIZADOS.
TAMÉN LLES FALAMOS DO MATERIAL NOVO CO QUE SE VAN ATOPAR E ALGUNHA OUTRA COUSIÑA....

viernes, 7 de junio de 2013

FREEMIND

O alumnado de 5ºA colaboramos co alumnado de 5ºB para facer un esquema sobre "Hábitos de estudo" nos ordenadores.
Esperamos que lles sexa de utilidade, nós xa fixemos algún moi chulo, coma este que resume o noso curso 2012-2013

jueves, 6 de junio de 2013

GARCÍA LORCA, COETÁNEO DE ROSALÍA

García Lorca foi coetáneo de Rosalía. Foi poeta e escribiu en castelán e en galego (si, en galego tamén). Estivemos lendo algún dos seus famosos poemas.
Casualmente hai uns días que tivemos unha exposición de Rosalía no centro. Cumpríase o 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos".
Rosalía e García Lorca coñecéronse...
Tivemos un mes de maio con moita, moita poesía e iniciamos xuño tamén recitando.

VIDEOCONFERENCIA CO CEIP DE SOBRADA

Levamos uns meses carteándonos cos nosos compañeiros e as nosas compañeiras do CEIP de Sobrada (Tomiño). Hoxe tivemos o segundo contacto a través dunha videoconferencia. Agora xa coñecemos as súas voces, os seus gustos, as súas afeccións, o que van facer en verán…Velaquí van algunhas das fotos!!

martes, 4 de junio de 2013

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Mañá será o día do medio ambiente. Este ano o lema é: "Pensa, aliméntate, aforra".
Imos reflexionar estes días sobre a importancia dunha boa alimentación, de comer só o necesario, de non desperdiciar comida,...
O medio ambiente tamén se coida preservando os recursos alimenticios do planeta e contribuíndo a que todos os seres humanos poidan comer.

domingo, 2 de junio de 2013

EXCURSIÓN AO MONTE ALOIA

O venres fomos de excursión as dúas clases de 5º ao Monte Aloia, que é unha cumbre situada na Serra de Galiñeiro, declarada parque natural desde 1978 e que se atopa no municipio de Tui.
Ademais de toda a fauna e vexetación que nos podemos atopar alí,os guías explicáronnos que aínda se poden apreciar restos da cultura castreña e outros elementos de interese como a muralla, que a utilizaban para defenderse dos vándalos.
Foi moi divertido e unha boa experiencia cos compañeiros, cos profes e cos guías! Velaquí van algunhas das fotos do día!

NO LABORATORIO

O noso primeiro día no laboratorio neste curso foi xenial. Con esta sesión queremos poñer remate ao proxecto sobre o corpo: informándonos sobre aspectos do corpo que non se ven a simple vista. Puidemos utilizar os microscopios e as lupas e ver o noso pelo e o sangue dalgún compañeiro e compañeira. O pelo ten unha cor e unha forma que, a simple vista, é imposible de apreciar; e xa nos quedou claro que os glóbulos vermellos son os que dan a cor ao sangue!

PICASSO E MANOLO MOLDES

Estes días estamos traballando con pintores e artístas que deixaron e deixan pegada no mundo e na sociedade actual. Fixemos unhas presentacións en power point, murais...sobre a vida e obra de Pablo Picasso. Agora estamos rematando algún dos seus cadros e comezando cun pintor da nosa terra (Manolo Moldes), considerado un dos pintores galegos máis importantes.