miércoles, 27 de marzo de 2013

PROGRAMA 4

Ola a todos e todas!! Fíxose esperar...pero despois de varios problemas coas gravacións e cos programas e formatos...aí vai o novo programa: presentadoras novas, novo concurso, novas seccións, novos erros... Espero que vos guste!!! Pasade unha boa semana!!


 

viernes, 22 de marzo de 2013

ARIANA VAISE DO COLE

Hoxe Ariana vaise a París, imos botala moito de menos, ela é cariñosa e boa cos compañeiros e coas compañeiras.
Fixémoslle unha festa de despedida, emocionouse moito.
Esperamos que en París faga novas amizades e que o pase moi ben.
Nunca a esqueceremos!!!
Susana, Marta C, Marta C e Paula C.

Deixounos unha mensaxe

Para los mejores compañeros, para que no se pongan tristes porque me voy a Paris, Francia, les voy a extrañar a todos, les escribiré desde allá. Los voy a recordar. Ariana

EXPOSICIÓN TRABALLOS

Exposición Sumeria,Exipto, Grecia e Roma.
Hoxe reunímonos o alumnado de 5º na biblioteca para expoñer os traballos de Coñecemento do Medio.
Primeiro fixoo o alumnado de 5ºB que explicou a situación de Roma e Sumeria, a organización social, a relixión as crenzas a forma de vestir, a arte,...
O alumnado de 5ºA explicou o mesmo pero de Exipto e Grecia.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!
Ana, Xacob, Paula B, Aldara

jueves, 21 de marzo de 2013

O DÍA ANTERIOR...

Éstamos preparando as charlas sobre Exipto e Grecia para facer unha exposición aos nosos compañeiros e ás nosas compañeiras de 5ºB.
Fomos á biblioteca para terminar de buscar información e poder ensaiar.
Foi un gran detalle que Laura Corral fixese un"power" sobre Grecia e Aldara un sobre Exipto.
Foron moi amables!!!
Mar, Sandra , Sara e Carlos

lunes, 11 de marzo de 2013

VISITA AO SALÓN DO LIBRO


Hoxe,luns 11 de marzo, fomos de excursión ao Pazo da Cultura ver o Salón do Libro, alí marchouse a nosa máquina.
Unha vez alí distribuíronnos en grupos.Cada grupo fixo unha actividade, entre elas: scrapbook, robots e cámara de fotos.
Os robots fixémolos con materiais reutilizables, as cámaras de fotos con caixas de cartón e no scrapbook utilizamos materiais que se atopan nunha papelería(cartolinas, pegamento, tesoiras, folios e papel). Posteriormente visitamos a exposición dos traballos que fixeron os colexios.
Despois visitamos as distintas salas. A primeira estaba decorada cun ordenador xigante, noutra había unha máquina dos desexos, unha máquina de escribir ocupaba outra sala e para rematar había unha máquina con poleas para conseguir palabras coas que debiamos escribir un conto mínimo para participar nun concurso.
Cando saíamos despediunos Orbil a mascota do Salón.
Manuel, Laura C, Jorge e Alex Barros.


TALLER DE SCRAPBOOK

Hoxe fomos de visita ao Salón do Libro.
Comezamos facendo obradoiros, un deles era de Scrapbook, a súa monitora chamábase María.
Primeiro explicounos o significado da palabra: libro de recortes.
Nós fixemos unha tarxeta con distintos materias e recortes sobre o gramófono, cunha ilustracion do mesmo e a explicación de quen foi o inventor, Emile Berliner.
O resultado foi PRECIOSO!!!!!
Laura G, Juan, Paula C e Luis



miércoles, 6 de marzo de 2013

EXIPTO

Esta semana comezamos a buscar información sobre Exipto, teremos que facer unha exposición aos nosos compañeiros e ás nosas compañeiras de nivel.
Preparamos un esquema nos ordenadores da clase para non esquecer nada e memorizar todos os detalles.