miércoles, 2 de noviembre de 2011

INVESTIGAMOS SOBRE NOCES E FIGOS

Estamos investigando, dentro do proxecto do outono, os froitos que nos tocaron no nivel. Para investigar repartimos a clase en dous macrogrupos, un investiga sobre os figos e o outro sobre as noces. Cando teñamos a información buscaremos un xeito de transmitirlla ao outro macrogrupo.
Cos datos elaboraremos un libro xigante conxunto.Unha nena trouxo hoxe noces do Courel e unha das profes trouxo noces de Mourente. Imos comparalas.

4 comentarios:

  1. xa sabemos moito sobre as noces e os figos,agora podemos saber a comida que se fai con eles


    Paula B.

    ResponderEliminar
  2. Ola! Dende unha escola de Lugo estamos seguindo a vosa proposta de traballo, gústanos moito, estamos facendo algo similar, o malo é que non temos bitácora para que a vexades, xa vos deixaremos algún comentario máis.

    ResponderEliminar
  3. As noces e os figos están riquíiiiiiiiiisimos,para min son mellores os galegos que os de fora(por exemplo, as noces de California son case insípidas. Pero diso xa sabedes máis vós que eu.
    Unha nai

    ResponderEliminar
  4. Podedes poñer o libro xigante?

    ResponderEliminar