domingo, 21 de octubre de 2012

UNHA CARTA PARA A OUTRA MASCOTA

Nós tamén escribimos á nosa mascota. Levamos anos con ela e queremos contarlle novidades, inda que como é máxica, seguro que xa o sabe. Querida Puqui: Si que temos novidades. Pois este ano temos un titor novo, chámase Jose. Parece bo, aínda que nos fai traballar moito. Pero como xa somos nenos e nenas de 5º, teremos que poñernos as pilas. Seguimos sendo 25, o mesmo número que o ano pasado. Por certo, que tal coas demais mascotas? Este ano hai mascotas novas? Outra novidade é a dos portátiles, que os temos na clase, pero non os utilizamos porque aínda non funcionan e a nosa pantalla tampouco. O profe ten cousas preparadas para traballar con ela, pero temos que esperar. Ti tés algunha novidade en Mascotilandia? Para a semana, se temos tempo, pois xa colgamos algunha foto de cousas que estamos facendo en clase. Un saúdo para ti e para Puquo da nosa parte. Moitos bicos, 5º B

1 comentario:

  1. Ola nenas e nenos de 5ºB!
    Tiña un pouco d eenvexa de Mini porque recibira unha carta e eu non. Agora xa estou feliz.
    Si que hai novidades en Mascotilandia. Acaban de nacer dúas mascotas novas, inda non teñen nome pero xa andan por aí dando guerra. As nenas e os nenos de tres anos andan tentando poñerlle nome.
    Nós tamén temos ordenadores novos en Mascotilandia e son unha pasada de estupendos. Imos traballar con mapas interactivos, con eses que tendes no voso blog.
    Xa vos manderei as páxinas que me vaian gustando.
    Deixeivos na clase unha lectura sobre os atlas, agardo que vos guste.
    Bicos. Deica logo.

    ResponderEliminar