lunes, 11 de marzo de 2013

VISITA AO SALÓN DO LIBRO


Hoxe,luns 11 de marzo, fomos de excursión ao Pazo da Cultura ver o Salón do Libro, alí marchouse a nosa máquina.
Unha vez alí distribuíronnos en grupos.Cada grupo fixo unha actividade, entre elas: scrapbook, robots e cámara de fotos.
Os robots fixémolos con materiais reutilizables, as cámaras de fotos con caixas de cartón e no scrapbook utilizamos materiais que se atopan nunha papelería(cartolinas, pegamento, tesoiras, folios e papel). Posteriormente visitamos a exposición dos traballos que fixeron os colexios.
Despois visitamos as distintas salas. A primeira estaba decorada cun ordenador xigante, noutra había unha máquina dos desexos, unha máquina de escribir ocupaba outra sala e para rematar había unha máquina con poleas para conseguir palabras coas que debiamos escribir un conto mínimo para participar nun concurso.
Cando saíamos despediunos Orbil a mascota do Salón.
Manuel, Laura C, Jorge e Alex Barros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario