martes, 9 de abril de 2013

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS



Hoxe o alumnado de 5ºA tivemos un taller de matemáticas coa colaboración de Nieves, para aprender mellor as medidas de capacidade e de peso.
Primeiro fixemos un xogo para formar grupos que consistía en atopar medidas equivalentes, mentres Nieves colocaba uns ingredientes e utensilios na mesa da profe. Algúns e algunhas  pensabamos que íamos  pesar, outros e outras que facer unha receita, estabamos sorprendidos e sorprendidas
De seguido, Nieves comezou a elaboración dunha receita, flan de queixo, foi pesando os ingredientes, explicando equivalencias, facendo preguntas ata rematala. Nós íamos copiando todos os pasos na nosa libreta; mañá teremos que traer a receita pasada a limpo e ben presentadiña.
Tivemos dobre sorpresa, de súpeto Nieves comezou a facer outra receita,  agora era tarta de queixo e chocolate.
Estabamos abraiados e co olor a boca facíanos auga.
Quen comerá as tartas? Probaremos un anaquiño?

1 comentario:

  1. Profe las tartas estaban deliciosas;a y¿Nieves me puedes hacer una de esas tartas para mi cumpleaños?

    Carlos Garciaq Lores

    ^._.^
    gato , je je je je je

    ResponderEliminar