viernes, 15 de noviembre de 2013

O NOSO NOVO TRABALLO:PROXECTO ASIA

Hoxe comezaremos un novo proxecto, ese proxecto versará sobre Asia. Nel traballaremos sobre:o clima,as catástrofes naturais,a cultura, os países, a xeografía... Decidimos traballar sobre Asia porque queremos ampliar o coñecemento dos distintos continentes que iniciamos o curso pasado.
Para dar comezo e introducir este novo proxecto,escollemos o suceso ocorrido nas Illas Filipinas.

Primeiro, traballamos co periódico,co vocabulario,coa situación xeográfica.... Despois as cosecuencias do tifón "Haiyan":altos índices de pobreza entre os supervivintes,mínima esperanza de vida,escasez de recursos,moitas enfermidades graves,dificultade de conviviencia,unha difícil reconstrución das illas e falta de cartos no goberno para poder enfrontar a situación...
E de agora en diante... o proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario