martes, 17 de diciembre de 2013

AUTOAVALIACIÓN

Hoxe é o día da entrega de notas do 1º trimestre todo o alumnado está nervioso, aÍnda que sabe moi ben cales serán os seus resultados.
Cada trimestre facemos unha autoavaliación e demostramos que somos conscientes do traballo que fixemos, do noso comportamento asÍ como das medidas que temos que adoptar para mellorar no próximo, pois temos tamén unha reflexión final.
Hoxe aproveitamos a autoavaliación para aprender a facer táboas nos ordenadores. Todos e todas estabamos moi concentrados, na clase non se oía nin o aleteo dunha mosca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario