miércoles, 30 de abril de 2014

REBUMBIO MATEMÁTICO 2014

O pasado día 25 de abril asistimos ó Rebumbio Matemático deste ano.
Saímos ás 9:45 aproximadamente dende o colexio. Leváronnos dúas nais(nai de Jorge/na de Alejandra) para poder chegar á Xunqueira.
A asociación chámase "AGAPEMA"(Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).
O sitio non era moi grande e onde escribiamos eran tres mesas individuais xuntas. Non era moi cómodo facelo nelas, por iso puxemos un plástico para que nos facilitase o traballo. Como entramos un pouco antes da hora dúas señoras que estaban alí explicáronnos como ía ser e o tempo que teriamos(2h) Cando deron as once toda Galicia comezou a realizar os problemas para que fose xusto. Cada un dos seis problemas que había ían marcados por unhas etiquetas para que fose anónimo. Ao empezar a escribir xa non tiñamos nervios; teriamos que tirar para adiante.
Tras rematar, saímos as dúas clases á vez moi contentos e decididos,a entregar os problemas.
Foi unha experiencia inesquecible. Todos estabamos alegres e non podiamos parar de falar do tema. Para nós isto foi unhas das mellores cousas que fixemos neste curso, xa que non todos temos esa oportunidade.
Queremos dar as grazas por poder facer o que fixemos e ter unha cousa moi importante para lembrar.
Nuria, Alejandra e Samuel

1 comentario: