jueves, 29 de mayo de 2014

A PRIMEIRA FASE DA ACOLLIDA NO IES FREI MARTÍN SARMIENTO



Hoxe xoves, 29 de maio de 2014 fomos coñecer o IES Frei Martín Sarmiento como parte do plan de Acollida que desenvolvemos dende hai varios días.
Recibiunos a xefa de estudos(Cristina), que nos conduciu ata o salón de actos , onde o director (David) nos resolveu as dúbidas que tiñamos.
Despois, fomos a unha clase de 1º da ESO, e observamos como traballaban os alumnos e alumnas.
Na media hora do recreo deixáronnos mover polo centro. Algúns foron á biblioteca, outros ao pavillón, os demais tiñan fame e foron á cafetería mercar algo, e cando acabamos...
Recolleunos a orientadora, que nos levou a coñecer o instituto, como por exemplo; a biblioteca, a aula de plástica, o laboratorio, a aula de idiomas, a sala de profesorado...
Pareceunos un instituto moi grande e... facía moita calor!

3 comentarios:

  1. Foi moi divertido e unha boa experiencia. o pasei xenial!

    ResponderEliminar
  2. Paula Cortegoso Veiga2 de junio de 2014, 1:46

    O instituto gustounos moito!!!!


    ResponderEliminar
  3. Madre Paula Boullosa2 de junio de 2014, 9:24

    mucha suerte en vuestra nueva etapa,

    ResponderEliminar